CRTVG

Buscar

Atopan sen vida un home e unha muller no interior dunha vivenda no Carril

Publicado o 07/01/2021 14:34

Os falecidos son un home e unha muller. Ambos eran parella, tiñan 51 e 36 anos. Por agora descoñécense as súas identidades. Só se sabe que estaban nunha casa de alugueiro en Guillán, en Vilagarcía, á que acababan de mudarse. Crese que morreron esta pasada madrugada e que esa era, precisamente, a súa primeira noite na vivenda.

De entrada, todo parece indicar que faleceron a causa dunha sobredose de heroína. Foron os fillos dela os que atoparon os seus corpos e alertaron a emerxencias. Mañá pola mañá faranlles a autopsia.