CRTVG

Buscar

Atopan restos óseos no lugar onde o autor confeso da morte de Manuela Chavero di que enterrou o seu corpo

Publicado o 18/09/2020 21:05

A Garda Civil atopa restos óseos na leira que foi propiedade do autor confeso da a morte de Manuela Chavero na localidade pacense de Monesterio. Fuentes próximas ao caso informaron  de que no rastrexo desa leira se atoparon algúns restos que están pendentes de analizar e que poderían corresponder á falecida, porque el confesou que enterrou o corpo nese lugar.

Axentes do Equipo de Inspeccións Oculares da Garda Civil acompañados por cans adestrados buscan nuns terreos de Badaxoz o corpo da moza Manuela Chavero. Un veciño da vila acaba de confesar que a matou hai catro anos e que a enterrou nunha leira. Os achegados da vítima din que sempre desconfiaron del, pero que non tiñan probas.

María Cintar. amiga da moza asasinada: "Eu tíñao como principal sospeitoso pero nunca imaxinei que unha persoa con 24 anos puidera facer esa barbaridade e estar catro anos facendo unha vida normal e entón píllate por sorpresa. Dis, mi madriña, como puido facer iso".

O arrestado ten 28 anos e é un coñecido da vítima. Un veciño de toda a vida que vive a poucos metros da casa da muller. Na vila din que estaba obsesionado con ela. Ao parecer, os axentes detivérono despois de que a irmá da desaparecida recibira unha carta anónima acusándoo do crime. Entre o alivio e a tristeza, a familia agarda agora que el confese exactamente onde está o cadáver.

María Cintar. amiga da moza asasinada: "É un alivio porque dis, descansamos, temos onde ir vela. pero por outro lado tiñas ese mínimo de esperanza de volvela ver, aínda que fose mínimo porque son catro anos, e iso é moito tempo".

Manuela Chavero, con dous fillos, desapareceu en xullo de 2016 da súa casa. Alí deixou o móbil, as chaves, a documentación e a televisión e as luces acesas.


 

Noticias web

18/09/2020