CRTVG

Buscar

Atopan preto da súa casa o cadáver dunha muller desaparecida en Salvaterra de Miño

Publicado o 17/07/2017 09:53

A muller estaba desaparecida desde a mañá do domingo, e foi atopada sen vida nunha mina cercana a súa vivenda

Unha muller de mediana idade que estaba en paradoiro descoñecido desde a mañá do domingo foi atopada sen vida nunha mina cercana a súa vivenda nun municipio de Salvaterra de Miño.

O corpo sen vida da muller foi atopado a un 40 metros da súa vivenda, nunha zona de difícil acceso debido á maleza. Finalmente foron os Bombeiros de Ponteareas os que puideron rescatar o corpo sen vida da muller. 

Fontes da Garda Civil apuntaron que o cadáver non presentaba signos de violencia e apuntaron que a muller tiña problemas de depresión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017