CRTVG

Buscar

Atopan posibles indicios de vida en Venus

Publicado o 14/09/2020 17:42
Atopan posibles indicios de vida en Venus

O descubrimento do gas fosfano na atmosfera de Venus indica que ese planeta ten o "potencial" de albergar ou ter albergardo vida, segundo un estudo publicado hoxe en 'Nature Astronomy'. Segundo o equipo da Universidade de Cardiff a cargo da investigación, o descubrimento "suxire que Venus podería acoller procesos fotoquímicos ou xeoquímicos", aínda que non implica necesariamente "unha evidencia robusta de vida microbiana" no planeta.

As observacións do telescopio James Clerk Maxwell e do Gran telescopio Milímetro/ Submilímetro no deserto de Atacama (Chile) en 2017 e 2019 permitiron aos científicos este achado, que abre unha senda na posibilidade de atopar vida fóra do planeta Terra.

As nubes altas de Venus conteñen fosfina, un gas que na Terra só se produce a nivel industrial ou por microbios que prosperan en contornas libres de osíxeno. Os astrónomos especularon durante décadas que as nubes altas en Venus poderían ofrecer un fogar para os microbios, que flotan libres da superficie abrasadora, pero que aínda necesitan tolerar unha acidez moi alta. A detección de moléculas de fosfina, que consisten en hidróxeno e fósforo, podería apuntar a esta vida "aérea" extraterrestre. 

Noticias web

14/09/2020