CRTVG

Buscar

Atopan os corpos momificados de dous anciáns nun piso de Salou

Publicado o 15/08/2020 14:09

Os Mossos d´Esquadra encontraron dous corpos momificados nun piso da localidade tarraconense de Salou, probablemente os dos seus inquilinos de avanzada idade aos que non se lles vía desde antes do confinamento. Non había na vivenda signos de violencia visibles ou indicios de criminalidade.

Foron os seus veciños os que deron a alerta á policía local de Salou sobre a ausencia da parella de anciáns que llo comunicou aos axentes autonómicos. Desbotan unha morte violenta á espera das autopsias coa análise forense e apuntan a que o home e a muller de máis de 70 anos faleceron de xeito natural hai varios meses.

Para acceder o interior da vivenda precisouse a actuación dos bombeiros porque a porta estaba pechada.

Noticias web

15/08/2020