CRTVG

Buscar

Atopan os cadáveres de dúas mulleres, sen signos de violencia, nun piso de Bilbao

Publicado o 11/08/2019 15:49

Foron os veciños dun inmoble de Bilbao os que mobilizaron a Ertzaintza ao detectaren que desde hai tempo non vían as dúas mulleres que vivía no seu piso, do que saía un forte cheiro desagradable.
Chegados ao lugar, os membros de seguridade atoparon os corpos sen vida das dúas mulleres, de 60 e 80 anos, tía e sobriña, sen signos aparentes de violencia. Agora estase á espera dos resultados das autopsias para determinar as circunstancias das súas mortes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2019