Atopan o corpo sen vida dunha octoxenaria nun regato en Ferrol
Publicado o 06/07/2020 18:55
Os servizos de urxencia do concello de Ferrol e mais os bombeiros rescataron onte á tarde o cadáver dunha muller que caeu a un regato na parroquia de San Felipe. A vítima tiña 85 anos. Faltaba da casa desde a noite anterior.