Atopan morta unha moza de 29 anos con sinais de violencia na súa casa no Barco
Publicado o 10/09/2021 19:49

Unha moza de 29 anos apareceu esta tarde morta na súa casa, no Barco de Valdeorras, con sinais de violencia. Foi unha compañeira de traballo a que deu a voz de alarma ao dicir que faltaba. A policía atopou o seu corpo arredor das 3. Polo de agora non transcenderon detalles sobre a autoría do crime. No lugar dos feitos, na avenida Conde de Fenosa, están despregadas as forzas da orde. Arestora agárdase polo levantamento do cadáver.