CRTVG

Buscar

Atopan o corpo sen vida dun home nunha embarcación á valga en Ortigueira

Publicado o 14/09/2020 18:27
Atopan o corpo sen vida dun home nunha embarcación á valga en Ortigueira

O 112 Galicia comunicou este luns a aparición dun home sen vida no interior dunha embarcación que permanecía á valga en Ortigueira (A Coruña), a cuxo porto foi trasladado o corpo.

O alcalde, Juan Penabad, asegurou que o falecido residía na parroquia de Mera e sinalou que pasadas as 15.30 horas agardaban pola chegada dun forense para o levantamento do cadáver. Indicou que a Garda Civil investiga as circunstancias deste suceso.

Persoal de Salvamento Marítimo, 061-Urxencias Sanitarias de Galicia, Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Ortigueira e Instituto Armado acudiu á zona onde foi atopado o corpo. 

O rexedor explicou que o home, de 69 anos, falecería mentres practicaba pesca deportiva. Outra persoa que navegaba na contorna da franxa litoral ortegana divisou a lancha ao redor das 13.00 horas.