Atopan o corpo sen vida dun home nas augas da praia de Lourido, en Muxía

En Muxía apareceu esta tarde aboiando o cadáver dun home. Unhas persoas que estaban na praia de Lourido albiscaron o corpo nunha zona rochosa e deron aviso. Un helicóptero de Salvamento Marítimo sacouno pouco despois da auga.
Segundo informan fontes da Policía Local a Europa Press, o falecido é un home, J. A. L. H., veciño de Madrid e nado en 1941. As mesmas fontes explican que se atoparon diferentes aveños na zona rochosa que parecen indicar que a vítima se atopaba pasando a xornada na contorna, aínda que non apareceu, polo momento, ningunha cana de pescar.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persona particular que deu o avisou de que atopara o corpo do home sobre as 18:45 horas. Salvamento Marítimo mobilizou un helicóptero de rescate para recuperar o corpo e trasladar ao falecido ata o areal. Ademais, foron avisados gardacostas, axentes da Garda Civil e Protección Civil, entre outros.
Non se coñecen aínda as circunstancias en que se produciu a súa morte.