CRTVG

Buscar

Encontran o corpo sen vida dun peregrino na Ruta dos Faros en Fisterra

Publicado o 07/02/2020 17:10
Encontran o corpo sen vida dun peregrino na Ruta dos Faros en Fisterra

Dous peregrinos atoparon este mediodía o corpo sen vida dun home, de entre 50 e 60 anos, no Camiño dos Faros, preto da praia de Arnelas, en Fisterra.

Todo parece indicar que se trata tamén dun peregrino e que levaba varios días morto, polo avanzado estado de descomposición do cadáver.  O cadáver foi trasladado a un instituto forense para practicar a autopsia, segundo informan fontes da investigación.