CRTVG

Buscar

Localizan aboiando nun río de Vilalba o corpo sen vida dun ancián

Publicado o 07/05/2019 22:41
Localizan aboiando nun río de Vilalba o corpo sen vida dun ancián

En Vilalba foi localizado esta tarde o corpo sen vida dun ancián. Apareceu aboiando no río Magdalena enganchado a unhas ramas. O suceso aconteceu nun tramo do paseo fluvial moi próximo ao Muíño do Rañego.

A vítima, que adoitaba pasear pola zona, vivía no barrio do Coto, preto do lugar dos feitos. As primeiras hipótese apuntan a que o home puido esvarar cando se aproximou ao leito do río. Ata a zona do suceso desprazáronse equipos de emerxencias para rescatar o corpo da vítima.
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019