Atopan o corpo dun home apuñalado nunha vivenda na Coruña
Publicado o 01/10/2021 12:12
EFE
O corpo sen vida e con signos de ser apuñalado foi atopado nunha vivenda da que era inquilino no barrio das Flores, na Coruña, informan a Efe fontes da investigación.
Os servizos de emerxencias recibiron onte á noite unha chamada do propietario da vivenda alertando do achado dun cadáver no inmoble, na rúa Lirios.
O dono indicou que, ante a ausencia do home, acudiu ao piso para interesarse polo seu estado e foi cando descubriu que falecera.
Axentes da Policía Nacional comprobaron ao chegar á vivenda que o cadáver presentaba signos de ser apuñalado e cren que puido falecer polo menos hai un par de días.