CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dunha muller que levaba máis dunha semana falecida na súa casa

Publicado o 10/08/2019 21:13

• Con este caso, son seis os maiores mortos en soidade nas últimas semanas

Repítese o caso dun maior que morre só na súa vivenda. En Ferrol atoparon o cadáver dunha muller na súa casa. E as primeiras investigacións apuntan a que levaría máis dunha semana falecida. A muller, de 89 anos, apareceu morta esta pasada noite no interior do seu domicilio, situado aquí, nas vivendas de Bazán, no barrio ferrolán de Caranza. Polo estado no que se atopou o cadáver, todo apunta a que a muller podería levar unha semana falecida.

Foi o xenro da muller o que se achegou ata a vivenda, ao non poder contactar con ela. Non foi quen de acceder polo que avisou a un cerralleiro que si puido abrir a porta. No interior estaba o cadáver da muller. Trátase dun novo caso de falecemento en soidade en casos de persoas de avanzada idade. A pasada semana outro home duns oitenta anos falecía en Ferrol. Levaba varios días mortos. Con este novo caso, xa son seis os maiores mortos en soidade en Galicia nas últimas dúas semanas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019