CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dunha muller de avanzada idade na vivenda en que residía soa en Lugo

Publicado o 19/08/2021 09:54

A alerta dábaa un familiar que, despois de levar varios días sen saber da muller, achegouse á súa casa. Unha vez no se interior encontrou o seu corpo sen vida. Ao parecer, podería levar varios días morta, e as primeiras liñas da investigación apuntan a que faleceu por causas naturais, xa que non se atoparon sinais de violencia nin no corpo nin no domicilio.

Aínda así, o seu corpo foi trasladado ao HULA, onde se lle practicará a autopsia, como marca o protocolo. Se se confirma, sería un caso máis de anciáns que viven sós e morren sós.

 

Noticias web

19/08/2021