CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dunha moza de 25 anos con feridas de arma branca en Madrid

Publicado o 17/01/2019 21:54

Un matrimonio que paseaba por esta zona de campo da localidade madrileña de Meco atopou o cadáver minutos antes das 9 da noite e alertou as forzas de seguridade. O corpo, con feridas de arma branca no peito, estaba nunha zona de acceso difícil acceso. O lugar linda coa localidade de Villanueva de la Torre, en Guadalaxara, onde a vítima residía cunha amiga desde hai uns meses.

O último que se soubo da vítima é que saíra pasear os cans. A Garda Civil investiga o que todo parece indicar que sexa un crime. Do que hai certeza é de que a moza non presentou nunca denuncia ningunha por violencia machista.
 

Noticias web

17/01/2019