CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dun mozo húngaro desaparecido en Mallorca

Publicado o 29/10/2019 20:24

A Garda Civil recuperou en Mallorca o cadáver dun mozo húngaro desaparecido desde o mércores pasado. O home estaba cunha primera súa preto do mar cando unha onda os levou debido ao forte temporal que azoutou a illa. Foi a tripulación dun veleiro a que avistou o cadáver esta mañá en augas do litoral sueste de Mallorca e avisou a Garda Civil. Desde o mércores pasado estábano buscando. Segue desaparecida a prima do mozo.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019