CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dun home no porto de Tarragona, mentres continúa a busca de desaparecidos

Publicado o 24/10/2019 21:38

Atopan o corpo sen vida dun home no porto de Tarragona. Están tratando de confirmar se é un dos cinco desaparecidos tras as chuvias torrenciais de Cataluña. Os equipos de rescate peinaron todo o día a conca do río Francolí. A riada levou por diante coches, casas e negocios. E en Mallorca buscan tamén dous mozos que caeron á auga arrastradas por un golpe de mar.

O cadáver localizouno unha embarcación de salvamento marítimo. A Garda Civil abriu unha investigación para determinar se se trata dunha das cinco persoas desparecidas pola rida que provocou o desbordamento do río Francolí. Os equipos de busca levan traballando todo o día para intentar localizalas.

Guillem Ginjoan, xefe dos bombeiros: "As zonas onde nos estamos centrando son desde Espluga de Francolí cara ao sur, que é a zona onde contamos que desapareceron as dúas persoas que ían nun Hyundai vermello e un camioneiro belga que tamén se denunciou a súa desaparición. Esta é a primeira zona de busca, e tamén se está buscando preto da Vilaverd, onde despareceron unha nai e unha filla, que as levou preto da súa casa, que viván preto do río".

Os bombeiros explicaron que a busca está sendo máis complicada pola cantidade de árbores caídas e de restos vexetais acumulados pola riada, polo que precisan de maquinaria pesada que axude a retiralos. E mentres operarios e veciños limpan as zonas anegadas nun intento por recuperar canto antes a normalidade. O mesmo sucede en Asturias e Cantabria, onde tamén sufriron as consecuencias deste temporal de chuvia torrencial.

Buscan dous mozos arrastrados por unha onda nas Baleares

E en Mallorca buscan dous mozos arrastrados por unha onda. Unha veciña viu como os tragaba o mar. Seis volunarios de Protección Civil sumáronse á busca. Tamen participan unha embarcación e un helicóptero de Salvamento Marítimo e o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019