CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dun home na praia das Lapas, na Coruña

Publicado o 20/08/2021 09:57

O corpo sen vida dun home foi localizado na noite do xoves, na praia das Lapas, na cidade da Coruña, segundo informa o 112 Galicia. Arredor das 21:00 horas, o 112 Galicia recibiu unha chamada de Salvamento Marítimo e dos bombeiros. Os medios indicaban que unha persona particular lles notificara o achado do que podería ser un corpo nunha zona rochosa do areal das Lapas.

Os xestores do CIAE-112 Galicia alertaron os servizos sanitarios, os axentes da Policía Nacional e Local e o Servizo de Gardacostas de Galicia. Finalmente, os bombeiros da Coruña confirmáronlle ao 112 que efectuaran o rescate do corpo, cunha embarcación, pero que nada se puido facer por salvarlle a vida. Desde os bombeiros precisaron a Europa Press que no operativo participou o seu grupo de rescate acuático que, en colaboración cos socorrristas de Riazor, procederon a localizar o corpo, o dun home, de entre 40 e 50 anos.

As forzas da orde investigan as circunstancias do suceso, aínda que fontes consultadas por Europa Press indicaron que podería tratarse dun pescador que desapareceu hai un mes.

Noticias web

20/08/2021