CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dun home de 85 anos na súa casa en Ferrol

Publicado o 03/08/2019 21:41

 O cheiro que saía dun dos pisos alertou aos veciños deste inmoble, situado no barrio ferrolán de Ultramar. Levaban algún tempo sen ver o dono da casa, un home duns oitenta e cinco anos que vivía só. E decidiron chamar á Policia Local.
Os axentes intentaron sen éxito acceder ao interior da vivenda e requeriron a presenza dos bombeiros, que cun coche dotado de escaleira entraron pola ventá. Dentro atopaton o cadáver.
A autopsia determinará con exactitude cando faleceu pero os primeiros indicios apuntan a que foi hai máis de dez días. Precisamente dez días nos que outros catro maiores foron atopados mortos nas mesmas circunstancias: en soidade e na casa.
O último foi un veciño de Aguiño, en Riberia de 66 anos. Días antes, En Viveiro descubriron o pasamento dun home, porque non pagaba o alugueiro dende había cinco meses e en Ourense acharon a outra persoa que levaba falecida na cama dous meses. Tamén en Ferrol encontraron o corpo sen vida dunha muller no seu domicilio.

En Galicia máis 278 mil persoas viven soas, 128 mil son maiores de 65 anos.

Noticias web

03/08/2019