Atopan o cadáver dun ciclista nunha pista forestal en Muros
Un ciclista apareceu morto nunha pista forestal do concello coruñés de Muros. O falecido era un home de corenta e un anos, natural de Muros, que saíra pasear polo monte en bicicleta arredor das nove e media desta mañá.
Pouco despois da unha da tarde, e como non aparecía para xantar, a familia avisou ás autoridades. Forzas da Garda Civil e dos servizos de Emerxencia locais atoparon o cadáver do home nunha pista forestal de Muros, na parroquia de Sestaio, a uns catro quilómetros da súa casa.
Os investigadores descartan, en principio, a hipótese dun accidente.
#AXEGAInforma de que un ciclista foi localizado falecido nunha pista forestal en #Muros, na parroquia de Sestaio, logo de recibir no #112Galicia a alerta da súa desaparición a través dun compañeiro do home. Interviñeron: servizos sanitarios, @guardiacivil e #GESMuros. pic.twitter.com/XgEiLX4EQo
— 112Galicia (@112Galicia) August 14, 2021