CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dun bebé no medio do lixo dunha planta de reciclaxe en Valencia

Publicado o 11/10/2018 15:42

Os traballores dunha planta de residuos de Valencia atoparon esta madrugada o cadáver dun bebé no medio do lixo. A Garda Civil confirmou xa que se trata dunha nena acabada de nacer que tiña aínda o cordón umbilical. Estáselle a realizar a autopsia para determinar as causas da morte. Investigan, ademais, a zona de Valencia ou da sua área metropolitana da que procedía o cargamento onde se atopou para dar coa nai da pequena.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018