CRTVG

Buscar

Investigan o crime dun ancián que apareceu cos pés atados e cunha bolsa na cabeza en Vigo

Publicado o 08/01/2019 20:35

A Policía Nacional investiga a morte dun home de 81 anos en Vigo. O seu cadáver presentaba sinais de morte violenta. Fontes da investigación apuntan a un roubo como móbil do crime, xa que o falecido adoitaba levar enriba grandes cantidades de diñeiro. Durante todo o día, a policía estivo rexistrando a vivenda da vítima.

A Policia Nacional confirmou que o cadáver que apareceu en Sárdoma é o do veciño desta parroquia viguesa que levaba desparecido dende decembro. Localizárono a escasos cincuenta metros do camiño do Pontillón, nunha zona de matogueiras, cuberto por plásticos e canas, camuflado coa vexetación. Quedara viúvo hai dous meses e vivía só a un quilómetro deste lugar, que frecuentaba para facer a compra ou pasear.

O cadáver do octoxenario foi trasladado ao hospital Nicolás Peña, onde se lle está a practicar a autopsia. Porén, a policía xa confirmou que o seu corpo presentaba sinais evidentes de violencia. Agora está aberta unha investigación para determinar as causas e a autoría da súa morte. 

 

 

Noticias web

08/01/2019