CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver do veciño desaparecido no encoro de Vilasouto

Publicado o 11/10/2019 21:04

Os mergulladores da Garda Civil atoparon o cadáver do home desaparecido no encoro de Vilasouto, no Incio. Trátase dun veciño de Sarria, de 69 anos, que lle deixou á súa familia unha nota en que indicaba a onde se dirixía. Xunto á presa localizaron o seu coche cos seus efectos persoais. A busca fíxose moi complicada debido a que a auga do encoro está moi turbia. O cadáver foi localizado contra as seis da tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019