CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver do sexaxenario que desapareceu o venres en Ribas de Sil

Publicado o 24/04/2021 16:50

Localizan sen vida o sexaxenario desaparecido en Ribas de Sil. O home faltaba do seu domicilio desde o venres á tarde. Axentes da Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e membros do GES de Quiroga, iniciaran un dispositivo para dar con el.

Finalmente, contra as doce e media deste mediodía, a Garda Civil comunicaba o achado do cadáver moi preto do río que discorre polo lugar de San Pedro.

Noticias web

24/04/2021