CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver do mozo desaparecido no Porriño o 24 de abril

Publicado o 15/05/2017 20:56

O corpo foi localizado por un veciño arredor das seis da tarde na contorna dunha casa abandonada na zona da Malladoura e non presentaba sinais de violencia

Un veciño atopou esta tarde o cadáver do mozo do Porriño de 39 anos que estaba desaparecido dende o pasado 24 de abril.

O corpo foi localizado arredor das seis da tarde na contorna dunha casa abandonada na zona da Malladoura e non presentaba sinais de violencia.

O mozo fora visto por última vez na tarde do 24 de abril correndo polo parque Ordóñez. A familia e os amigos, con apoio da Garda Civil e de Protección Civil organizaran varios operativos de busca sen éxito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2017