CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver do mozo desaparecido na vila de Sils, en Xirona

Publicado o 07/12/2019 14:51

En Cataluña atoparon esta maña o cadáver do mozo desaparecido hai dous días en Sils. Os equipos de emerxencias atoparon o corpo afogado dentro do coche do home desaparecido nesta localidade da provincia de Xirona. Pendentes das probas de indentificación do corpo, os bombeiros dan por feito que é o cadaver do mozo que estaban buscando. Estaba nun regato e, ao baixar o nivel da auga, quedou á vista o vehículo que conducía o mozo. Estaba no medio do canal, con todas as fiestras e portas pechadas. Os bombeiros tiveron que empregar un guindastre para sacalo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019