Atopan o cadáver da muller desaparecida en Foz a 500 metros da súa casa
Publicado o 16/10/2021 15:50
Atopan en Foz o cadáver da muller desaparecida hai case dúas semanas. Foi un veciño o que alertou a Garda Civil cando descubriu o corpo nunha zona de monte, a tan só cincocentos metros da casa familiar da falecida.
Un amplo dispositivo buscara durante días, sen éxito, esta veciña de Fazouro, de 69 anos. Ao parecer, padecía alzhéimer e puido desorientarse cando volvía da capela da Lousada, á que acudía con frecuencia.