CRTVG

Buscar

Atopan nos Andes o corpo momificado dun español desaparecido en 1990

Publicado o 17/05/2019 21:44

Atopan nos Andes o corpo momificado dun español que desaparecu fai 29 anos facendo escalada. Falta a confirmación forense, pero o corpo tiña unha mochila ás costas e dentro estaba a documentación que o identifica como o escalador valenciano Mateo Parrilla, desaparecido no ano 1990. As autoridades arxentinas xa informaron ao consulado español do achado. O cadáver atopouno un excursionista. Estaba completamente momificado.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019