CRTVG

Buscar

Atopan no Canadá outras 160 tumbas en terreos dun internado para nenos indíxenas

Publicado o 16/07/2021 09:12
Atopan no Canadá outras 160 tumbas en terreos dun internado para nenos indíxenas

No Canadá apareceron outras 160 tumbas sen identificar nos terreos dun antigo internado do Goberno para aborixes. Este novo achado eleva a 1.275 as tumbas sen documentar que aparecen en distintas residencias escolares creadas desde finais do século XIX para eliminar as culturas aborixes do país.

O primeiro ministro Justin Trudeau pediu perdón publicamente polo sucedido, pero os grupos aborixes culpan o Goberno de dificultar a identificación de milleiros de nenos que desapareceron cando estaban internados nestas residencias escolares.

Noticias web

16/07/2021