CRTVG

Buscar

Atopan morto un veciño de Outes que podería levar varios días falecido na súa casa

Publicado o 10/05/2019 13:31

Tiña 76 ou 77 anos e vivía só nesta casa da aldea de Boel, no concello de Outes. Estaba viúvo e os tres fillos do matrimonio vivían independentes.

Unha veciña coa que tiña relación a diario estivo con el o martes pola noite. Ao non velo o mércores nin contestarlle na casa chamou a filla que foi a que alertou os servizos de urxencias.

Onte á mañá, a Garda Civil e a Policía Local, coa autorización da filla, romperon un cristal da vivenda para poder entrar. Atoparon o home morto, ao lado da cama. A forense certificou que faleceu por causas naturais, posiblemente dun infarto.

"Haberá uns 15 días que pasou por aquí paseando. Vivía alí arriba e non tiñamos moita relación con el".

Na aldea onde aconteceu o suceso abundan as vivendas unipersoais. Segundo as últimas estatísticas, en Galicia hai uns 100.000 fogares en que viven sós maiores de 65 anos. En 20.000 casas viven mulleres soas de máis de 85 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019