Morre un home en Punta Nariga, en Malpica, ao cravarse un arpón na cabeza
Publicado o 07/09/2021 11:28

Uns percebeiros atoparon a primeiras horas desta mañá un home preto do faro de Punta Nariga, en Malpica de Bergantiños. Aínda que nun primeiro momento se deu por falecida a esta persoa, cando os equipos de emerxencia conseguiron chegar ata el comprobaron que seguía con vida, malferido, e cun arpón cravado na cabeza.
Os bombeiros tiveron que facerse cargo do dificultoso rescate para poder subilo polos cantís. O helicóptero Helimer Galicia trasladouse ata o lugar para poder evacuar a esta persoa a un centro hospitalario. Non obstante, finalmente o home faleceu a causa das feridas que tiña.
Crese que ía á zona para practicar pesca submarina. A vítima ten 44 anos e é natural de Arteixo.