CRTVG

Buscar

Atopan morto un home en Curtis a carón dunha máquina agrícola

Publicado o 22/05/2021 13:20
Atopan morto un home en Curtis a carón dunha máquina agrícola

Un home apareceu sen vida ao lado dunha máquina agrícola nunha leira no monte de Santaia, en Curtis. Foi o seu fillo quen o atopou morto onte á noite.

Aínda que polo momento se descoñecen as causas do falecemento, todo apunta a que o home puido sufrir unha indisposición mentres traballaba no monte.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso contra as once e media da noite do venres pola chamada do familiar que indicaba que encontrar o seu pai falecido no lugar.

Desprazáronse ata o lugar a Garda Civil e as urxencias sanitarias do 061 e tamén o GES de Curtis. Unha vez no lugar os profesionais sanitarios só puideron certificar a morte do home.