Atopan morto o veciño de Navia de Suarna desaparecido a principios de maio

Este martes, preto do mediodía, foi localizado o corpo sen vida de José Fernández, o veciño de Navia de Suarna que desaparecera a principios deste mes da casa en que vivía, no lugar de Ventosa, na parroquia de Moia.
O cadáver foi atopado nunha zona de bosque, próxima á súa casa, a algo máis dun quilómetro da vivenda.
Segundo informou o 112, "axentes da Garda Civil tratan de aclarar as circunstancias do suceso".
#AXEGAInforma que foi atopado o corpo sen vida do varón desaparecido en #NaviaDeSuarna a principios de maio. Nestes momentos, interveñen #GESBecerreá e Protección Civil de Lourenzá, Pol e A Fonsagrada. Os axentes da @guardiacivil tratan de aclarar as circunstancias do suceso. pic.twitter.com/MWgq0ZZWQt
— 112Galicia (@112Galicia) May 18, 2021
A desaparición deste veciño mobilizara un amplo dispositivo de busca, no que chegaron a participar os drons da unidade do do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e un helicóptero da Garda Civil.
No operativo tamén participaron efectivos o GES de Becerreá, así como membros das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Cervantes, Lourenzá, Pol e A Fonsagrada.