CRTVG

Buscar

Atopan morto na súa cela da prisión da Lama o Hannibal Lecter español

Publicado o 10/10/2019 08:54

Aparece morto na súa cela da prisión da Lama o preso coñecido como o Hannibal Lecter español. Chámabase Fabrizio João Silva, era de Guinea e tiña 37 anos. Os funcionarios atopárono morto no chan. Á falta da autopsia, todo apunta a unha morte por causas naturais.

O Hannibal Lecter español estaba só nunha galería pola súa perigosidade. Estivo oito días en folga de fame, pero este mércores decidira abandonar a protesta. Está considerado o interno máis perigoso de España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019