CRTVG

Buscar

Atopan morto na súa casa de Padrón un garda civil xubilado

Publicado o 12/03/2019 18:21
Atopan morto na súa casa de Padrón un garda civil xubilado

En Padrón atoparon morto este mediodía un home no interior da súa casa, no lugar de Estramundi. Os veciños deron a voz de alerta ao decatárense de que non recollía o pan da porta. Axentes da Garda Civil entraron cunha escaleira e atopárono tirado no chan e co seu can a carón del.

O falecido tiña 68 anos, fora axente da Garda Civil, profesor e enfermeiro. En principio, non se apreciaron sinais de violencia e todo apunta a que a morte se produciu por causas naturais. A autopsia sacaranos de dúbidas nas vindeiras horas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019