CRTVG

Buscar

Atopan morto con signos de violencia o dono dun bar en Ourense

Publicado o 06/02/2020 08:14

Varios axentes da Policía Nacional, algúns de paisano, levan toda a mañá patrullando pola zona e falando con veciños e clientes do bar Novo, onde un precinto impide o paso e advirte da xudicialización do caso.

O cadáver apareceu onte á noite. Uns clientes, sorprendidos por que non abrira en todo o día e non o localizaban na súa casa, decidiron entrar a ver. A persiana estaba baixada, pero non pechada. Dentro atoparon o cadáver.

Evaristo, coñecido na zona como Joaquín, tiña uns 65 anos. Segundo os veciños da zona, estaba pensando en xubilarse.

O caso está baixo segredo de sumario. Confirmouse que foi unha morte violenta, e que o cadáver tiña feridas de arma branca. Aínda está por determinar o momento da morte. Segundo os veciños, o bar levaba todo o día pechado, pero o martes si que abriu.

O falecido era coñecido no entorno policial. En 2010 fora condenado por atropelar catro persoas en Ourense cando conducía baixo os efectos do alcol.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí