CRTVG

Buscar

Atopan morta unha tartaruga na ría de Vigo duns 175 quilos

Publicado o 22/08/2019 14:34

Andaban ao polbo entre cabo Home e As Cíes cando atoparon enleada entre as nasas esta tartaruga laúde femia de 175 quilos, xa estaba morta, malia todo os tripulantes do Rocío Sete e do Arelis trouxérona a terra. Son exemplares de grandes dimensións e co corpo cuberto de pel, por iso ademais de laúde, chámanse tamén tartarugas de coiro.

Xa en terra os biólogos do CEMMA puidéronlle facer unha necropsia en instalacións portuarias en que detectaron unha pequena ferida dunha probable marca que perdeu e atoparon tamén algo de plástico no seu interior.

Este tipo de tartarugas nace e reprodúcese no Caribe e chega a Galicia aproveitando a corrente do golfo. Non é a primeira vez que un exemplar destes chega ás nosas costas, hai nove anos tamén nas Cíes atoparon outra de un oitenta e 200 quilos de peso. Despois da necropsia foi incinerada, a súa conservación sería moi complexa, aínda que en Galicia hai algún exemplar no acuario de Grove, no Museo de San Cibrán e no Museo de Historia Natural na Universidade de Santiago.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019