Atopan morta unha parella en Madrid e investigan se se trata dun caso de violencia machista
Publicado o 31/12/2020 21:24
Pecha o ano cun posible caso de violencia machista. En Madrid, atoparon mortos un home e unha muller nunha vivenda de Torrejón. As primeiras hipóteses indican que o home acoitelou a muller e despois se suicidou. Foi un veciño o que chamou a emerxencias ao oír berros na vivenda. Cando os sanitarios chegaron, atoparon na casa os fillos da parella. Os dous nenos, de 8 e 10 anos, tiveron que recibir atención psicolóxica. Sen contar este caso e outros dous en investigación, no que vai de ano, 43 mulleres foron asasinadas en España polas súas parellas ou ex parellas.