CRTVG

Buscar

Buscan a ex-parella da muller asasinada en Xixón

Publicado o 03/02/2020 21:01

A policía trata de localizar a ex-parella da muller asasinada en Xixón que permanece desaparecido desde que se descubriu o cadáver.

Non existían denuncias previas por malos tratos entre a parella, pero o home tiña tres denuncias por violencia machista de tres mulleres coas que mantivera relacións anteriormente.O cadáver de Lorena, de 41 anos, apareceu tirado no chan do seu domicilio da localidade asturiana de Xixón.

Xunto ao corpo había un gran charco de sangue e o coitelo co que supostamente se cometeu o crime. Segundo fontes policiais, a muller presentaba varias coiteladas no abdome.

O principal sospeitoso é a ex parella da vítima que traballa de camareiro nun bar da zona e que permanece en paradoiro descoñecido desde que se decubriu o cadáver.

A policía mantén un amplo operativo para tratar de localizalo e trasladalo á comisaria para interrogalo."Hai que esperar a que a policía que é moi eficiente, como sabedes resolve moi rápido, pero non tan rápido como os medios quixérades ou como incluso todos quixéramos." A vítima, que traballaba nunha empresa de limpeza, non denunciara o desaparecido por malos tratos, pero si o fixeran tres parellas anteriores do home.

De confirmarse a autoría, Lorena sería a oitava vítima da violencia machista no que vai de ano en España.

 

Noticias web

03/02/2020