CRTVG

Buscar

Atopan morta no baño do seu domicilio en Lugo unha muller con signos de violencia

Publicado o 08/02/2020 13:07

A xuíza encargada do caso declarou secretas as actuacións en relación ao caso dunha muller que apareceu morta no baño da súa casa, con varias feridas punzantes no pescozo.


Polo de agora, non se descarta que poida tratarse dun suicidio ou dun caso de violencia machista, xa que a muller vivía soa na casa. A falecida era nai dun mozo de 28 anos e dunha rapaza de 14 anos.