CRTVG

Buscar

Atopan morta dentro un pozo unha muller de avanzada idade en Ponteceso

Publicado o 05/05/2021 17:01
Atopan morta dentro un pozo unha muller de avanzada idade en Ponteceso

Unha muller de idade avanzada foi achada falecida dentro dun pozo da súa vivenda situada na parroquia de Nemeño, en Ponteceso. Segundo informaron fontes consultadas por Europa Press, foi unha muller que prestaba asistencia á anciá, que vivía soa, a que deu o aviso aos servizos de emerxencia.

Ao non conseguir contactar con ela, esta muller revisou a vivenda e achou o corpo sen vida da señora nun pozo de auga situada nas inmediacións da casa.

A Garda Civil investiga nestes momentos as circunstancias que rodean o suceso.