CRTVG

Buscar

Atopan atadas polas mans dúas menores desaparecidas onte á tarde en Badalona

Publicado o 24/01/2018 14:58
Atopan atadas polas mans dúas menores desaparecidas onte á tarde en Badalona

Dúas menores de idade que desapareceron onte en Badalona (Barcelona), tras saíren da escola, foron atopadas esta madrugada, coas mans atadas, na montaña de Montjuïc de Barcelona.

Segundo informaron fontes próximas ao caso, unha parella atopou de madrugada as dúas adolescentes, que foron trasladadas a un centro médico para comprobar o seu estado e determinar se presentan algún dano físico.

Os Mossos d'Esquadra abriron unha investigación para pescudar o sucedido ás menores, das que se denunciou a súa desaparición onte ás 20:00 horas, e manteñen abertas todas as hipóteses en relación con este caso.

Noticias web

24/01/2018