CRTVG

Buscar

Atopan en Viveiro un astrolabio do século XVI en perfecto estado

Publicado o 12/09/2021 18:52

O astrolabio localizado no litoral de Viveiro é unha xoia mariña. Trátase dun instrumento para a navegación que podería datar do século XVI ou XVII e que é o primeiro achado en Galicia.

Apareceu nunha prospección programada polo equipo de patrimonio cultural somerxido do norte, creado pola Federación Española de Actividades Subacuáticas, nunha zona na que xa deron con máis restos.

Dada a rareza deste instrumento, que no seu momento foi tecnoloxía punta para a navegación transoceánica, está exposto en Viveiro para que os interesados poidan coñecelo. Unha peza curiosa que evidencia o xacemento arqueolóxico submarino que hai neste concello da Mariña.

 

Noticias web

12/09/2021