CRTVG

Buscar

Atopan en Verín un señor que vagaba desorientado ao anoitecer

Publicado o 05/05/2020 14:17

En Verín, a Garda Civil acompañou ata o seu domicilio un ancián que vagaba desorientado polas rúas da vila máis dunha hora despois de rematar o horario reservado aos paseos das persoas maiores.

Estaba desorientado e xa caía a noite, o que dificultaba aínda máis os seus intentos por dar co camiño de volta. Os axentes foran avisados por unha filla, que saíra na súa busca sen resultado.

Noticias web

05/05/2020