Atopan en Ourense unha cadela abandonada coas orellas cortadas
Publicado o 16/12/2019 10:44
Con varios cortes nas orellas e aínda sangrando. Así atopou unha familia de Ourense un cadela ferida en plena rúa. Con só tres meses de idade é a nova vítima de maltrato animal en Galicia.
A protectora da cidade, onde se recupera das súas feridas, interpuxo denuncia ante o Seprona. Iniciaron xa unha investigación para dar co autor ou autores do macabro suceso.