O mosquito que transmite o virus do Nilo está en Galicia pero aquí non é perigoso
O mosquito transmisor do virus do Nilo tamén podemos atopalo en Galicia. A súa presenza detectárona hai anos entomólogos das universidades de Vigo e Santiago que levan tempo colocando trampas por toda a comunidade para poder realizar rastrexos periódicos.
A picadura deste especie de mosquito non é perigosa en Galicia, nin para os humanos nin para os animais, porque a nosa comunidade non é unha zona de paso para as aves foráneas que chegan de África co virus.
A orografía galega tamén impide dunha maneira natural o paso destas aves. Con todo, o cambio climático xa é unha realidade e nun futuro se as temperaturas seguen sendo cálidas nalgún puntos de Galicia esta situación podería mudar para moitas especies.
Os expertos aseguran que o confinamento non axudou a limpar coma outros anos as zonas de auga estancada onde se acumulan este tipo de mosquito que en Sevilla é o causante da tranmisión deste virus a través da súa picadura.