CRTVG

Buscar

Atopan en Cospeito un home morto entre dúas plantas da súa vivenda

Publicado o 01/03/2019 11:11

•  Foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar o corpo atrapado entre a primeira planta e o baixo

Atopan en Cospeito un home morto entre dúas plantas da súa vivenda

Un veciño de Cospeito de 63 anos apareceu sen vida atrapado no chan entre dúas plantas da súa vivenda. Un coñecido púxose en contacto co 112 avisando de que levaban máis de tres semanas sen saber del.

Os axentes da Garda Civil que acudiron ao seu domicilio encontraron o corpo sen vida do veciño nunha posición de difíci acceso, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar o corpo atrapado entre a primeira planta e o baixo.

A casa estaba en estado ruinoso e o piso de madeira que dividía as plantas presentaba moitas deficiencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí