CRTVG

Buscar

Atopan en bo estado en Nigrán a menor que desaparecera o xoves en Vigo

Publicado o 25/06/2019 18:11
Atopan en bo estado en Nigrán a menor que desaparecera o xoves en Vigo

Localizada en perfecto estado en Nigrán a menor desaparecida en Vigo o pasado xoves. Os seus achegados deran a voz de alarma despois de que o pasado xoves saíse cara á academia onde estuda e non regresase ao centro en que vive.

A menor, que está tutelada pola Xunta, está en tratamento por problemas psiquiátricos, segundo a súa familia, e non é a primeira vez que se ausenta de forma voluntaria.