CRTVG

Buscar

Atopan en bo estado de saúde a muller de 70 anos que desaparecera en Cambre

Publicado o 12/07/2018 14:42

Un veciña de Cambre, de 77 anos de idade e que sofre Alzhéimer, apareceu esta noite no centro da Coruña tras unhas doce horas ilocalizada. A muller estaba tan feliz e contenta a pesar de que percorrera a pé uns quince quilómetros e, supostamente, sen inxerir comida nin bebida ningunha.

Hai agora 24 horas esta casa do lugar de Quintán, en Cambre, estaba invadida polo desasosego e a inquietude. Paula chegou á vivenda sobre as dúas e súa nai, Rosa María Varela, non estaba. Alertou a amigos e veciños e empezaron a buscala. Esta mañá, moi emocionada, o primeiro que facía era agradecer a todas as persoas e organismos públicos que axudaron na busca e informaba de que súa nai apareceu tan feliz á unha da mañá na Coruña.

A septuaxenaria estaba pola praza de Monforte, preto de onde vivira hai décadas, e a uns 15 quilómetros do domicilio actual.

Esta mañá estaban dispoñibles medios e efectivos de busca para continuar o rastrexo iniciado onte á tarde.

O coordinador de Protección Civil estima que a andaina da muller por esta estrada ata a Coruña puido levarlle máis de cinco horas.

Ao final, como dicía súa filla, policías nacionais localizárano feliz e contenta desfrutando do ambiente dunha noite de verán no barrio onde vivira de nova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018